«O Noso»: Unha maneira de cociñar e de estar.

Terraza del restaurante Sendeiro

Hai proxectos que nacen nun día concreto. Pero «O Noso» sempre estivo dentro de O Sendeiro. Nas decisións que tomamos cada día, na relación cos produtores e na maneira de entender o que facemos.

A nosa filosofía dá un paso máis. Porque chegou o momento de poñerlle nome e compartilo: «O Noso» é un proxecto novo,  mais non parte de cero. É a forma de reunir e contar todo aquelo que fomos construíndo ao longo dos anos. De poñer nome a unha maneira de facer as cousas que xa existía no Sendeiro e de crear un espazo dende o que seguir aprendendo, compartindo e construíndo relacións.

«O Noso» comeza moito antes de chegar o prato á mesa: comeza na terra, no mar, nas persoas que traballan cada produto. Pero sobre todo nas historias que non aparecen nas cartas nin nas etiquetas.

Ao longo do tempo fomos descubrindo que moitas das cousas máis importantes non nacen na cociña, nacen nas relacións e nas persoas que se atopan polo camiño. Tamén nas ideas que circulan e nas experiencias que se comparten. Por iso «O Noso» é un proxecto aberto que seguirá medrando co tempo.

Non é unha campaña de marketing, nin é unha colección de accións illadas. É unha forma dar estrutura, dirección e contar o que facemos. E se algunha vez te sentaches á mesa de O Sendeiro, xa formas parte diso. 

Un espazo onde conectar para construír algo que vai máis alá dun restaurante en Santiago de Compostela. 

Quizais sexa iso o máis importante: «O Noso» non fala só de nós, fala tamén de ti. Da túa curiosidade por coñecer o que hai detrás de cada prato e do teu interese por entender de onde veñen as cousas. Pero sobre todo da túa vontade de formar parte dunha maneira máis consciente de vivir a gastronomía. E este é só o comezo. Esperámoste.